IniciosociedadeAviso laranxa por temporal costeiro na Mariña, con ondas de ata oito...

Aviso laranxa por temporal costeiro na Mariña, con ondas de ata oito metros desde a noite do xoves

A advertencia manterase durante todo o venres e tamén se activará a alerta amarela por vento durante as primeiras horas do 1 de febreiro

Publicada o

- Advertisement -

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) mantén o aviso amarelo por temporal costeiro na Mariña Lucense. Soprará vento do oeste de forza 7 e mar combinado do noroeste, con ondas de catro a cinco mentros.

A partir das 21.00 horas deste xoves, o risco por fenómenos costeiros será importante -de nivel laranxa– e manterase durante todo o venres. Agárdase vento do oeste con forza 8 ou 9, e mar combinado do oeste con ondas de cinco a oito metros.

Costeiros
Ámbito xeográfico Lugo
Hora de comezo xoves, 31 xaneiro 2019 21:00 hora oficial
Hora de finalización sábado, 2 febreiro 2019 00:00 hora oficial
Probabilidade 40%-70%
Comentario Vento do W fuerza 8 ou 9. Mar combinado do W aumentando de 5 a 8 m

 

O litoral da provincia de Pontevedra e parte do da Coruña estarán en alerta vermella por temporal costeiro entre as 09.00 e as 20.00 horas do venres. Agárdase mar combinado do oeste ou noroeste, con forza 8 e ondas de oito a nove metros.

VENTO

Na mañá deste xoves, Viveiro rexistrou o refacho de vento máis forte dos documentados en Galicia, cunha velocidade de 108,9 quilómetros por hora.

viveiro rexistrou o refacho máis forte da mañá deste xoves en galicia, con 108,9 qm/h

Ademais, desde as primeiras horas do venres activarase a alerta amarela por ventos fortes, con refachos que poden alcanzar os 95 quilómetros por hora. Soprará vento do oeste, e o aviso permanecerá vixente ata o mediodía.

Fenómeno
Vento
Refachos máximos : 95 km/h
Ámbito xeográfico A Mariña
Hora de comezo venres, 1 febreiro 2019 00:00 hora oficial
Hora de finalización venres, 1 febreiro 2019 04:00 hora oficial
Probabilidade 40%-70%
Comentario Vento do W

 

Vento
Refachos máximos : 95 qm/h
Ámbito xeográfico A Mariña
Hora de comezo venres, 1 febreiro 2019 09:00 hora oficial
Hora de finalización venres, 1 febreiro 2019 12:00 hora oficial
Probabilidade 40%-70%
Comentario Vento do W

 

CHOIVA E NEVE

Ao mesmo tempo, Aemet activou o aviso por risco de choivas, que poden deixar uns 40 litros por metro cadrado en doce horas e 15 litros por metro cadrado nunha hora na Coruña ou Pontevedra.

En concreto, en gran parte da Península prevense precipitacións, que serán máis intensas e frecuentes en áreas de montaña e en Galicia, onde serán localmente fortes ou persistentes. Tamén poderían, con menor probabilidade e de forma máis dispersa e ocasional, caer precipitacións no resto das zonas.

As precipitacións serán en forma de neve a partir de 1.800 a 2.000 metros e de 900 a 1.200 metros no noroeste.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...