Iniciosociedade"Ducias de veciños sen atender", segundo o PSOE, no centro de saúde...

“Ducias de veciños sen atender”, segundo o PSOE, no centro de saúde de Viveiro

Alertan de que na quenda de mañá deste martes traballaron "catro dos sete facultativos" ao non cubrir as baixas o Sergas, o que provocou unha situación "de caos"

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE de Viveiro denunciou que “ducias de veciños non foron atendidos este martes no centro de saúde porque o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non cubriu as baixas por enfermidade de tres médicos.

Os catro profesionais restantes deberon “facer o traballo dos sete facultativos que cubren habitualmente a quenda de mañá”. Os socialistas califican a situación do ambulatorio e Punto de Atención Continua (PAC) viveirense de “auténtico caos”.

Estamos fartos de que a Xunta de Galicia xogue coa saúde de todos nós. Esiximos que o Sergas dea de inmediato as explicacións necesarias”, afirmou a alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro.

Os socialistas lamentan que “non é a primeira vez que temos estes problemas, porque durante o Nadal houbo semanas con tres médicos na quenda de mañá, como sucedeu este martes”.

Veciños e profesionais retomaron este martes as concentracións pola situación do centro de saúde, na que tres médicos na quenda de tarde atenden consultas e urxencias dos municipios de Viveiro, O Vicedo e Ourol, con 18.500 habitantes no seu conxunto.

Estes tres municipios, cunha poboación infantil de 2.000 persoas, comparten tamén una única praza de pediatra, outra prestación “que padeceu os recortes do Partido Popular”.

MOCIÓN CONXUNTA

PSOE, grupo de non adscritos e Son Viveiro, tres das catro forzas políticas con representación na corporación, presentarán no pleno do mércores unha moción para instar á Xunta de Galicia a garantir a atención primaria. Só o PP non respaldou a iniciativa.

O BNG ESIXE FISIOTERAPEUTA

Neste senso, despois de presentar unha moción con este mesmo obxectivo o pasado 24 de xaneiro, o grupo municipal do BNG felicítase “por forzar á corporación a debater a situación” e insta aos impulsores da iniciativa a “incluír entre as reclamacións a atención fisioterapéutica no centro de saúde”.

Os nacionalistas lembran que “só se dispón dunha especialista na quenda de mañá, o que supón que o servizo e a instalación pública permaneza pechada pola tarde, provocando listaxes de agarda de ata un ano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...