IniciosociedadeBurela inclúe 3.000 euros en premios e un Día no Neno na...

Burela inclúe 3.000 euros en premios e un Día no Neno na programación do Entroido

Hostalería e comercio doarán os premios para o desfile, que se celebrará o 3 de febreiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela presentou a programación do Entroido. O desfile celebrarase o domingo, 3 de marzo, e destinaranse algo máis de 3.000 euros a premios, unha cantidade igual á do ano anterior.

Trala xuntanza mantida co tecido asociativo, o edil de cultura, José Díaz, agradece a colaboración do comercio e da hostalería locais, xa que doarán grande parte dos devanditos premios.

É moi destacable a colaboración dos nosos comerciantes en todos os eventos que se organizan en Burela, mesmo cando ao mellor non son tempos fáciles para os negocios”, explicou Díaz.

o concello baralla pechar unha actuación musical para animar a noite do luns

O concelleiro anunciou que “imos ter unha carpa na Praza do Concello, meirande que a do ano pasado, e estamos a valorar algunha actuación musical o luns á noite, para que a xente se quede en Burela”.

DÍA DO NENO

O martes, 5 de marzo, festivo local, será o Día do Neno, con xogos, talleres de elaboración de postres de Carnaval e outras actividades na carpa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...