Xove celebrará o sábado 2 o seu desfile de Entroido, con 3.800 euros en premios

Tralo concurso, cuxo prazo de inscrición está aberto, haberá baile de disfraces para nenos e adultos

O Concello de Xove repartirá case 3.800 euros en premios. AXM

A concellería de servizos sociais de Xove organiza o Entroido, que repartirá no desfile do sábado 2 preto de 3.800 euros en premios.

Os festexos comezarán o venres, co festival de Carnaval da escola infantil, previsto para as 11.00 horas no salón de actos do centro cívico.

O sábado, os actos iniciaranse ás 16.00 horas, co pasarrúas a cargo de Os Charangos, que actuarán tamén na residencia da terceira idade San Bartolo.

Ás 17.00 horas comezará o desfile, coa saída programada no campo municipal de fútbol e chegada no centro cívico. O Concello disporá dunha carpa na praza, por se o tempo non permitise celebrar o acto fóra.

O Concello disporá un total de 3.760 euros en premios. O apartado de carrozas ofrece 500 euros para o gañador, cun segundo de 350 e dous terceiros de 250.

No tocante ás comparsas, o gañador levará 300 euros, por 250 do segundo clasificado e 200 que levarán as dúas terceiras prazas. Podes comprobar a listaxe completa de premios nesta imaxe.

Cartel de actividades, cos premios. AXM

VERBENA

De 18.30 a 20.30 horas, no pavillón de deportes, haberá un baile infantil de disfraces coa discoteca móbil Decibelios. Nun descanso faranse entrega dos premios do desfile nas categorías dedicadas aos nenos.

A partir das 22.30 horas, será a quenda dos adultos, coa actuación do grupo Fénix, que amenizará a noite con Decibelios. Sobre as 00.00 horas entregaranse os restantes premios do desfile. A entrada a estes bailes é de balde.

INSCRICIÓN

O Concello abriu a inscrición para o desfile, que se pode realizar presencialmente no consistorio ou chamando por teléfono ao 982.59.20.01. Tamén anotan o día do desfile ata media hora antes de iniciarse o percorrido, no punto de saída estipulado.

O goberno de Xove afirma que todos os participantes que se inscriban con anterioridade ao día do desfile terán un agasallo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here