IniciosociedadeDenuncian que as derivacións de operacións a Lugo ou A Coruña "castigan"...

Denuncian que as derivacións de operacións a Lugo ou A Coruña “castigan” os pacientes sen recursos

A plataforma sanitaria alerta do caso dun cervense que non puido operarse dun xeonllo por carecer de "medios económicos" para desprazarse

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña denunciou este xoves que as derivacións para intervencións cirúrxicas a Lugo e A Coruña “penalizan as persoas con falta de recursos económicos”.

O colectivo sanitario alerta do caso dun paciente cervense que presentou unha reclamación ao considerarse “agraviado” logo de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) rexeitase “aboar os gastos de desprazamento” para someterse a unha operación.

O doente, que padeceu unha rotura de menisco no xeonllo esquerdo, entrou en listaxe de agarda para ser intervido cirúrxicamente o 26 de xuño do pasado ano. En xullo, a dirección do Hospital Público da Mariña ofreceulle a operación “na sanidade privada, en Lugo ou A Coruña”.

O doente solicitou entón que se lle bonificase o desprazamento, unha petición que foi denegada. Segundo a plataforma, “desde entón pasa a unha listaxe B ou non estrutural, segundo a Estrutura Orgánica de Xestión Integrada (EOXI), para ser operado no Hospital da Mariña”.

O paciente entendeu esta situación como “un castigo” e presentou unha reclamación ante as posibles consecuencias que teña a espera pola operación, non só a nivel de saúde, senón tamén no eido laboral. O doente advirte de que teme “perder o emprego” polo tempo de baixa.

A plataforma esixe á Xerencia do Hospital Público da Mariña que “se poña no lugar dos veciños” e defenda “os intereses dos máis desprotexidos”, para garantir “un trato por igual a todos, independentemente de onde vivamos e dos nosos recursos económicos”.

O SERGAS: “É UN CASO DE SERVIZOS SOCIAIS”

Fontes do Sergas argumentan que se trata dun caso “para os servizos sociais municipais”, e sosteñen que “se o paciente está ingresado e os médicos ou traballadores sociais detectan determinadas situacións, avisan a quen corresponda ou xestionan residencias”.

Preguntadas pola situación do paciente nas listaxes de agarda, as mesmas fontes sinalan que as prioridades se determinan “por situación clínica“. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...