IniciosociedadeCoñece o programa do Entroido de Ribadeo, do 23 de febreiro ao...

Coñece o programa do Entroido de Ribadeo, do 23 de febreiro ao 9 de marzo

O desfile será o martes 5 e non faltarán a Festa dos Freixós, a gala, a comparsa do cocho ou a popular queima do Carnaval

Publicada o

- Advertisement -

A comisión organizadora do Entroido de Ribadeo presentou a programación do carnaval ribadense. O presidente da comisión organizadora, Francisco Iriarte, e o concelleiro de cultura, Farruco Graña, presentaron o cartel do evento e tamén as actividades previstas durante os festexos.

O programa comezará os días 23 e 24 de febreiro, coa Festa dos Freixós, que se celebrará no teatro. Dende o sábado, a partir das 12.00 da mañá, poderase degustar esta sobremesa típica do Entroido.

A MÚSICA, TEMA DA GALA

O sábado 2 de marzo continuará a programación coa celebración da Gala do Entroido (teatro, 21.00 horas), que xirará entorno a unha temática concreta: a música

Unha hora antes, os membros da Carroza do Entroido sairán do parque de San Francisco. Desde a comisión organizadora animan “a toda a veciñanza a que se inspire na temática musical para as súas caracterizacións e nos acompañe”.

A ribadense Susana Álvarez guiará unha gala na que a organización promete “sorpresas, con artistas de renome nacional e internacional”.

Iriarte e Graña, co cartel. AXM

BAILE INFANTIL

No programa de actividades do Entroido 2019 non faltará a comparsa do cocho, que o 3 de febreiro, que a partir das 12.00 horas, percorrerá as rúas de Ribadeo acompañada dun grupo tradicional.

Xa pola tarde a partir das 17.00 horas, será a quenda dos máis pequenos, que poderán desfrutar do tradicional baile infantil de disfraces na discoteca Rosa Lar.

CEA DE CARNAVAL

Ao día seguinte, o luns, celebrarase a Cea de Entroido, que terá lugar no restaurante Marinero, onde se poderá degustar un cocido. As entradas están á venta en: Manualidades Marta (Avenida de Rosalía de Castro), R23 (Rúa Reinante) e o propio restaurante Marinero (Porto de Porcillán).

DESFILE

O martes, 5 de marzo, será o día do gran desfile, que sairá ás 17.00 horas da Avenida Rosalía de Castro para percorrer as principais rúas de Ribadeo e rematar diante do Concello.

Ao longo destes días, a organización comezará a pedir a colaboración entre a hostalería e o comercio ribadense, co fin de recadar fondos que irán destinados, entre outras cousas, aos premios que se repartirán no concurso.

QUEIMA

Os festexos concluirán o sábado 9 de marzo, coa popular queima do Entroido. Ás 21.00 horas sairá a comitiva fúnebre das inmediacións do Concello e trasladarase ata a Avenida Rosalía de Castro, seguida dunha sesión de fogos artificiais e da monumental traca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...