IniciosociedadeFomento adxudica a redacción do proxecto da A-74 entre Burela e Foz

Fomento adxudica a redacción do proxecto da A-74 entre Burela e Foz

O investimento nos plans de trazado e construción ascenderá a 1,3 millóns de euros

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, calificou este venres como “boa nova para A Mariña Lucense e para a provincia no seu conxunto” a adxudicación da redacción dos proxectos de trazado e construción do treito BurelaFoz da autovía da costa de Lugo, a A-74.

O Ministerio de Fomento investirá 1,3 millóns de euros na redacción dos proxectos da Autovía da Mariña, contratados ás empresas PK Veintiocho Ingeniería, S. L., e EPYPSA EYSER, S. A.

Rodríguez lembrou que a contratación destes proxectos é “un segundo paso” que dá o Goberno socialista para avanzar na construción da infraestrutura, dado que Fomento someteu a información pública o proxecto de trazado entre Barreiros e Foz, cunha lonxitude de 11,1 quilómetros e un investimento aproximado de 241 millóns de euros.

Rodríguez destaca que a construción desta autovía “potenciará a economía da comarca e da provincia, dando unha óptima conexión aos portos de San Cibrao, Burela e Celeiro. Ademais, a súa construción rematará coa inxustiza da ausencia dunha infraestrutura que vertebre a bisbarra”, concluíu.

MEDIA DE 11.000 VEHÍCULOS DIARIOS

A A-74 permitirá dar continuidade á A-8 a través do corredor cantábrico entre Barreiros e San Cibrao, polo que se convertirá nunha alternativa á Nacional 642, que soporta unha intensidade media de 11.000 vehículos ao día, 15.000 durante o verán.

ENFRONTAMENTO CO PP

O Partido Popular de Lugo emitiu este venres un comunicado no que subliña que a data de adxudicación dos proxectos corresponde a abril de 2017, polo que afirma que a subdelegada “atribúe” ao Executivo socialista “un mérito que non lle corresponde, xa que foi decisión do Goberno de Mariano Rajoy”.

A subdelegada do Goberno, pola súa banda, defendeu que “foi Pedro Sánchez quen desbloqueou unha situación que o PP mantivo empantanada durante anos, pois nunca defendeu os intereses dos veciños”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...