IniciosociedadeOs pleitos pendentes por violencia machista en Viveiro aumentaron un 72%, din...

Os pleitos pendentes por violencia machista en Viveiro aumentaron un 72%, din os funcionarios

Os traballadores acusan á Xunta, que negou "atrasos" neste eido, de "terxiversar os datos oficiais" do Consello Xeral do Poder Xudicial

Publicada o

- Advertisement -

Dous traballadores do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Viveiro saíron este martes ao paso dos datos ofrecidos pola Xunta de Galicia no diario El Progreso. O Goberno galego negou un incremento significativo dos atrasos nos litixios deste eido, mentres que os funcionarios aseguran que os pleitos penais pendentes por violencia machista “aumentaron un 72,2%”.

Fronte á argumentación da Consellería de Xustiza, que cifrou o incremento da pendencia en Viveiro “no 10%” respecto a 2017, Marco López e David Díaz achegan “datos oficiais”, recollidos na estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).

Os funcionarios instan a consultar a comparativa entre o derradeiro trimestre do ano 2017 e o peche do ano 2018. Así, acusan á consellería de “negación da evidencia e terxiversación dos datos oficiais”.

Segundo as cifras que manexa a Xunta, parece ser que contan mentira os dous membros da Mesa Local contra a Violencia de Xénero, ca Maxistrada e mais a Letrada do Xulgado de Violencia sobre a Muller nos seus informes, tamén mente a Secretaria Coordinadora Provincial, mente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e mente o CXPX”, sosteñen.

PLAN DE RECUPERACIÓN

Os traballadores reiteran que o Xulgado de Violencia sobre a Muller foi “excluído expresamente pola Xunta de Galicia” da primeira fase do plan de actuación para a recuperación do traballo atrasado trala folga da Xustiza.

Na segunda fase do programa, sinalan, “a dotación total foi de 20 horas, claramente insignificantes para recuperar tres meses e medio de paro”.

López e Díaz aseguran que o Xulgado de Violencia sobre a Muller de Viveiro “está a ser excluído dos plans de actuación e as ampliacións de xornada outorgados a diferentes tribunais galegos”.

Ante esta situación, sosteñen, “incluso os sindicatos asinantes do acordo ameazaron ao Goberno galego con deixar a comisión de seguimento”.

MÁIS DE 3.000 ASUNTOS CIVÍS POR RESOLVER

López e Díaz denunciaron a inicios deste mes de febreiro o colapso dos xulgados de Viveiro, con 3.075 asuntos civís pendentes. Destes pleitos por resolver, aseguran que “a inmensia maioría son expedientes de execución forzosa das sentenzas que se incumpren polos demandados obrigados ao pagamento da pensión por alimentos”.

Velaí a importancia do cumprimento da totalidade do plan de actuación que impulsou e asinou a propia Xunta de Galicia e que, polo de agora, quedou en papel mollado no que a Viveiro se refire”, conclúen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...