A Xunta promete para este 2019 melloras na vía Alfoz-Ferreira por 180.000 euros

O Goberno galego anuncia que actuará na travesía da Seara e no treito entre Adelán e a capital municipal do Valadouro

Presentación do proxecto. AXM

A Xunta de Galicia anunciou este xoves que acondicionará “este ano” a travesía da Seara, en Alfoz, e outros treitos da estrada LU-160 no seu percorrido entre o núcleo alfocego de Adelán e Ferreira do Valaduro. O orzamento da actuación ascende a 180.500 euros.

En concreto, os traballos dende Adelán ata Ferreira (puntos quilométricos 14,120 a 19,380 da LU-160) consistirán na realización de fresados localizados nos treitos nos que o firme se atope máis deteriorado e a reposición posterior da calzada con mestura bituminosa a carril completo.

Na travesía de Alfoz, segundo expón o Goberno galego, a incluirá a extensión dunha nova capa de rodaxe en toda a lonxitude -1,1 quilómetros-. Tamén está prevista a reposición da sinalización horizontal e vertical.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou este xoves o proxecto de mellora xunto con técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

Balseiro comprometeu a licitación, adxudicación e execución dos traballos durante este mesmo ano. Segundo afirmou, estas actuacións forman parte da programación de obras para o 2019 e os técnicos da consellería levan meses traballando na elaboración, supervisión e aprobación dos proxectos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here