Trabada axuda a conciliar cun campamento de verán

O Concello oferta 25 prazas ata o 11 de xuño e as familias numerosas terán preferencia

Mayra García, alcaldesa de Trabada. AXM

O Concello de Trabada repite este verán a iniciativa do campamento urbán estival, co obxectivo de facilitar a conciliación para as familias. O goberno local ofrece 25 prazas para esta actividade, e o prazo de inscrición estará aberto ata o día 11 do mes de xuño.

Poden desfrutar do campamento de verán os nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2014, empadroados no Concello de Trabada. O servizo durará desde a última semana de xuño ata a primeira de setembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas nas instalacións municipais do concello.

o servizo durará de finais de xuño a principios de setembro, en horario matinal

O campamento urbán trátase dun programa educativo e de ocio que permite aos veciños poder atender as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garante a igualdade de oportunidades.

A alcaldesa de Trabada, Mayra García, entende que esta medida “axuda a evitar a despoboación ao fomentar a natalidade e mellorar a situación educativa dos nenos do municipio, como principal riqueza de calquera sociedade moderna”.

PRIORIDADE

O Concello dará prioridade ás familias numerosas e tamén a aquelas nas que os dous proxenitores traballen. A rexedora apunta tamén que o 20% das prazas están reservadas para aquelas unidades familiares con historia aberta en servizos sociais.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here