O temporal deixa ventos de case 150 quilómetros por hora en Viveiro

O municipio viveirense rexistrou o refacho máis forte dos documentados este martes en Galicia

Un home ve como o vento dobra o seu paraugas. EFE

O temporal de vento e choiva que afecta este martes a Galicia deixou ventos de case 150 quilómetros por hora en Viveiro.

Segundo os rexistros de Meteogalicia, o refacho de vento máis forte entre os rexistrados na tarde deste martes na comunidade foi no municipio viveirense, con 149,3 quilómetros por hora.

Ademais da máxima rexistrada en Viveiro, o vento soprou con forza noutros lugares da comunidade: así, Carballeda de Valdeorras rexistrou unha velocidade de 122 quilómetros por hora, polos 120 de Lousame e os 117 de Carnota e Vimianzo.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here