Piden precaución este martes na Mariña por ventos de máis de 80 qm/h

A bisbarra permanecerá en alerta amarela entre as 9.00 e as 12.00 horas

A Mariña estará este martes 12 de marzo en alerta amarela por ventos fortes. AXM

A Mariña Lucense estará este martes, 12 de marzo, en aviso amarelo por ventos fortes que poden superar os 80 quilómetros por hora.

A advertencia amarela, que alude a un primeiro grao de perigosidade, durará unhas tres horas. O aviso activarase ás 9.00 horas e pecharase sobre as 12.00.

O fenómeno meteorolóxico adverso por vento, segundo o boletín publicado por Meteogalicia, corresponderase cunha borrasca fonda localizada ao norte das Illas Británicas que deixará refachos fortes de aire durante a mañá.

NA CORUÑA, TEMPORAL COSTEIRO

Nas mesmas horas, haberá aviso amarelo no noroeste da provincia da Coruña por vento no mar do suroeste forza sete.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here