IniciosociedadeO vicario xeral e o delegado de Patrimonio da Diócese testificarán no...

O vicario xeral e o delegado de Patrimonio da Diócese testificarán no xuízo a Silvaje

Malia que non exercerá como acusación particular, o Bispado de Mondoñedo-Ferrol pide "luz" sobre a autoría dos roubos de pezas e tallas en igrexas de Ribadeo e Trabada

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Bispado de Mondoñedo-Ferrol confía en que o xuízo que se vai celebrar entre o 20 e o 21 de marzo na Audiencia Provincial de Lugo pola subtracción de obxectos relixiosos e de culto, imaxes e tallas de santos, mobles e diversos bens de varias parroquias dos concellos de Ribadeo e Trabada sirva para “dar luz” sobre a autoría dos roubos e “clarificar os feitos”.

Nun comunicado, o Bispado quixo expresar que confía “na acción da Xustiza” e móstralle ou seu respaldo, “plenamente”, ante a inmincencia do xuízo no que o fiscal solicita catro anos e medio de cárcere, unha multa de 3.000 euros e a correspondente indemnización á Diócese de Mondoñedo-Ferrol por parte do ex cura José Emilio Silvaje.

O Ministerio Fiscal acúsao dun delito continuado de apropiación indebida entre os anos 2008 e 2012, cando exerceu como párroco de diversas fegresías dos municipios de Trabada e Ribadeo.

O Bispado indica no texto que sempre ofreceu “a súa plena colaboración” para chegar ao fondo deste asunto, “como así o demostra a presenza coma testemuñas do vicario xeral e do delegado de Patrimonio” da Diócese, aínda que rexeitase presentarse como acusación particular.

“TRANSPARENCIA” NA XESTIÓN DOS BENS

Mondoñedo-Ferrol “redobrará os seus esforzos para velar polos intereses do pobo de Deus a través dunha xestión transparente dos seus bens culturais“. Ademais, “garante que a causa xudicial aberta non interferirá nin condicionará calquera outro proceso interno de investigación que se leve a cabo na Diócese”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...