IniciosociedadeSilvaje nega que expoliase as igrexas de Ribadeo e Trabada e sinala...

Silvaje nega que expoliase as igrexas de Ribadeo e Trabada e sinala a párrocos e fregueses

O coleccionista, acusado de receptar os bens, argumentou que as pezas que recolleu non tiñan valor aínda que admitiu permutar dúas cun anticuario

Publicada o

- Advertisement -

O ex cura José Emilio Silvaje Aparisi negou ter subtraído tallas, mobles ou pezas relixiosas das parroquias de Ribadeo e Trabada nas que exerceu entre novembro de 2008 e febreiro de 2012.

O ex sacerdote valenciano, acusado pola Fiscalía de apropiarse de bens cun valor mínimo de 25.000 euros, explicou que so levara das igrexas pezas que precisaban ser “limpadas e restauradas” polo estado de abandono no que atopou os templos.

A preguntas do Ministerio Público, explicou que o fixera sen necesidade dunha autorización do obispado ao tratarse de bens “non catalogados”, dos que podía dispoñer na súa condición de párroco e administrador parroquial.

ADMITE “EQUIVOCACIÓNS”

Silvaje únicamente admitiu terse “equivocado”  cunha imaxe de San Caetano da parroquia trabadense de Sante, un ben inventariado por Patrimonio da Diócese Mondoñedo-Ferrol como un San Francisco do século XVIII.

O ex cura alegou que a talla estaba “sen brazos, carcomida e amontoada sobre un armario no que caían goteiras” e que non recoñeceu a súa valía polo que a desbotou durante as tarefas de limpeza na igrexa, xunto a outras pezas de mobiliario eclesiástico.

Silvaje apuntou que entregara estes materiais, que identificou como “lixo”, ao coleccionista José Jaime de Orozco Sanchez Aguilera, para o que a fiscal pide un ano e medio de prisión, por se este os quería “reciclar” ou “aproveitar para madeira”.

O EX PÁRROCO ASEGUROU QUE ENTREGOU ao coleccionista unha imaxe de san caetano, CATALOGADA POR PATRIMONIO, POR SE SE PODÍA “APROVEITAR PARA MADEIRA”

A preguntas da acusación pública, que pide ademais para Silvaje que indemnice ao Bispado e o pago dunha multa de 3.000 euros, o ex párroco -ordenado no ano 2006 na catedral de Mondoñedo– mostrouse disposto “a reparar o dano” que poidese ter cometido por esa “confusión”.

O ex cura asegurou que se foi facendo cargo das parroquias –VilaosendeArante,CedofeitaCouxelaCubelasSanteBalboaVidalVilamartín Pequeno, e máis tarde A DevesaRinlo e Vilaframil– a medida que outros párrocos tiñan “problemas de saúde” a pesar de que para el supuxera unha “gran carga”.

CRITICA A PREDECESORES E FREGUESES

Silvaje criticou a labor dalgúns seus predecesores aos que acusou do mal estado no que atopou os templos. Asi mesmo cuestionou a forma na que se xestionou a súa incoporación ás parroquias xa que, explicou, nalgúns  tardou “cinco meses” en facerse coas chaves das igrexas, cos libros eclesiais e coa titularidade das contas parroquiais que, apuntou, en moitos casos estaban “en números vermellos”.

O sacerdote acusou aos seus predecesores de deixar “números vermellos” e queixouse de ter “sacristáns con déficits psiquiátricos”

Tamén cuestionou a intervención dalgúns fregueses no coidado dos bens das igrexas. Argumentou “que se involucraban en cousas nas que non debían involucrarse” e valorou como “unha mala xestión” por parte do Bispado que, nalgúns casos, os fieis tivesen o diñeiro das parroquias en contas particulares.

Ademais queixouse de ter “sacristáns impostos”, a metade deles “persoas con déficits psiquiátricos” aos que acusou de “roubar o diñeiro do cepillo”.

PERMISOS E REXISTRO DE BENS

A fiscal botou en falta entre as probais documentais do proceso unha relación dos bens que mandou “a limpar ou restaurar”, logo de que Silvaje asegurase que sabía “perfectamente” onde estaba cada un deles, e que levaba “un rexistro” dos mesmos.

A FISCAL BOTA EN FALTA COPIAS DAS PETICIÓNS AO BISPADO PARA FACER RESTAURACIÓNS OU UN REXISTRO DOS BENS LEVADOS A REPARAR

O párroco argumentou que sería o Bispado o que tería que facilitar esa documentación da que dixo non ter gardado copia, aínda que precisou que non consideraba que a autoridade eclesial tivese “intención de prexudicalo” no procedemento.

NEGA MARCHAR POLO “ESCÁNDALO”

Por outra banda, Silvaje tamén aclarou que lle comunicou ao Bispado a súa intención de deixar o hábito “seis meses antes de que comezase a ocorrer isto”, de xeito que negou que marchase “polo escándalo”.

Argumentou que deixara o sacerdocio en febreiro de 2012 por “dúbidas de fe” despois de meditalo durante dous anos, e que non tivera noticia da repercusión xudicial dos episodios de roubos nas parroquias ata xullo, cando xa vivía en Inglaterra.

Precisou que, ao marchar, entregou á Diócese as chaves, os libros eclesiais, 2.100 euros da parroquia de Cedofeita que “custodiaba” e mais bens mobles que gardaba para protexelos da vaga de roubos nas parroquias.

Inquerido pola fiscal, admitiu que fixera unha primeira entrega en febreiro e unha segunda en marzo. Ante as dúbidas da acusación, que suxeriu que empregara este tempo para “repescar” bens que levara a Valencia, explicou que atrasara a segunda entrega porque estaba xestionando a súa mudanza.

Bens roubados. AXM

BENS SEN RECUPERAR

Respondendo a preguntas do seu avogado, José Manuel Oliveros, Silvaje dixo non saber  do paradoiro dos bens sen recuperar por parte do Bispado, que non exerceu a acusación particular.

Entre máis dunha vintena de tallas, calices, candelabros, cruces parroquias e pezas de mobiliario que a taxación pericial valora nuns 25.000 euros, unicamente recoñeceu ter roto unha estantería e unha cómoda da parroquia de Santa Olalla da Devesa cando trataba de levala ao seu despacho parroquial.

Na súa defensa, alegou tamén que el non era a única persoa que dispoñía das chaves das igrexas. Mesmo apuntou que, nalgúns lugares, as parroquias estaban a disposición das comisións de festas para gardar “bebidas”.

O ACUSADO FIXO “INVESTIMENTOS”

Segundo recolle a axencia Efe, o letrado sostivo que o acusado “non se apropiou de ningún dos obxectos das parroquias que levaba”, senón que ao contrario “realizouinvestimentos do seu propio patrimonio persoal que fixeron que melloraran esas fegresías”.

A DEFENSA ALEGA QUE O ESCÁNDALO POLA DESAPARICIÓN DAS TALLAS OCORREU CANDO O ACUSADO “INTRODUCÍA UN MÉTODO QUE RACHABA CO TRADICIONAL”

O letrado opinou que a raíz da desaparición das tallas “a xente comezou a alterarse” e situou o conflito nun contexto desfavorable para Silvaje, que “levaba pouco tempo na zona” e estaba “tentando introducir unha metodoloxía de funcionamento que rachaba coa tradicional”.

Así, resaltou que dos obxectos desaparecidos, aqueles que estaban da súa man “para restauracións” apareceron “todos”. O avogado mostrouse convencido de que se demostrará no procedemento que non houbo “ningún ánimo de lucro” por parte do seu defendido.

TESTIFICACIÓN DO COLECCIONISTA

O outro implicado na causa, o coleccionista José Jaime de Orozco Sanchez Aguilera, acusado da receptación dos bens subtraídos, mantivo na súa declaración que aceptara levar os materiais que Silvaje retirara das igrexas de Trabada, convencido de que o párroco estaba actuando de forma lexítima.

O coleccionista asegurou que os bens que recibiu de Silvaje non tiñan valor aínda que admitiu permutar dúas pezas cun anticuario

Conviu con el en que se trataba de pezas que “non tiñan ningún valor” aínda que admitiu que dúas delas, unha campá do cemiterio de Couxela e a citada talla de San Caetano, as permutara nun anticuario por dous cadros, dos que dixo non saber calcular un prezo.

Durante a investigación, a polícia autonómica localizou na súa propiedade pezas de mobiliario eclesiástico que tamén recoñeceu recibir de Silvaje. Coincidindo coa versión do ex párroco argumentou que, debido ao seu mal estado, pensaba empregalas como madeira para queimar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...