IniciosociedadeO centro de saúde de Ribadeo, sen tres médicos e dúas enfermeiras...

O centro de saúde de Ribadeo, sen tres médicos e dúas enfermeiras este xoves

A CIG alerta do "abandono" do ambulatorio ribadense e acusa á Xunta de "poñer en risco a vida das persoas"

Publicada o

- Advertisement -

A CIG denuncia o “abandono” do centro de saúde de Ribadeo, onde se mantiveron pechadas este xoves “tres das seis consultas médicas” do ambulatorio e outras “dúas das seis” prazas de enfermería coas que conta a quenda matinal no servizo.

O sindicato nacionalista asegura que esta situación repítese “practicamente todos os días desde fai máis dun mes ao non cubrirse as ausencias nin as baixas por enfermidade dos traballadores”.

Así, sinala que a semana pasada quedaron “só dúas médicas de familia” para atender o cupo de seis especialistas na quenda de mañá, e tampouco se cubriu a ausencia da pediatra”.

A central alerta de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) “tomou como norma que, se faltan dúas especialistas, non cubrir ausencias e se faltan tres, cubrilas de cando en vez”. Así, considera a situación “inadmisible” e acusa á Xunta de Galicia de “poñer en perigo a vida das persoas”.

AUSENCIA DA PEDIATRA

O centro de saúde de Ribadeo conta cunha pediatra de familia para atender ás crianzas do municipio ribadense e de Trabada. A CIG critica que dende este venres ata o 28 de marzo estará ausente e “non será cuberta mais que un día á semana durante catro horas”.

PIDEN O CESAMENTO DO CONSELLEIRO

Así, a central sostén que esta situación provoca unha “sobrecarga asistencial que prexudica aos pacientes, que perden calidade asistencial, e aos profesionais, que “senten frustración” ao non poden dedicarlle aos doentes “o tempo necesario”.

O sindicato nacionalista critica a “incompetencia” do Goberno galego, ao que atribúe “o deterioro progresivo da atención primaria en Ribadeo e na Mariña Lucense”. Así, insta ao Sergas a cubrir todas as ausencias e reclaman o cesamento co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ao que consideran “parte do problema”.

O SERGAS: “NON HAI DESLEIXO”

Fontes do Sergas admiten as carencias do centro de saúde, que xustifican de novo “na ausencia de profesionais nas listaxes de contratación. O problema é que non hai apenas substitutos, unha situación que os sindicatos coñecen”, argumentan.

As mesmas fontes negan “desleixo” e sinalan que no caso de Ribadeo “substitúese o que se pode”, para afirmar que “incluso houbo que recorrer á intersubstitución con prolongación de xornada”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...