IniciosociedadeA Deputación acondicionará a Travesía da Mariña e outras catro vías de...

A Deputación acondicionará a Travesía da Mariña e outras catro vías de Lourenzá

O goberno provincial investirá 127.000 euros en arranxar 1,2 quilómetros de estradas

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un convenio de colaboración co Concello de Lourenzá para a mellora de cinco treitos de senllas estradas no municipio, para o que investirá 127.000 euros.

As obras afectarán a 1,2 quilómetros de vía. As actuacións acometeranse en 200 metros da Travesía da Mariña-Avenida Mondoñedo, tamén coñecida como o Cantón, que discorre por diante da praza principal de Lourenzá.

Tamén afectarán a 135 metros da Avenida Calvo Sotelo que discorre por diante dun grupo de vivendas sociais e vai cara a costa de A Mariña.

A estrada que comunica o núcleo co recinto da feira do mercado rural gandeiro, a rúa Secretario Luís Iglesias – Carlos Peregrín Otero, tamén será acondicionada nun percorrido de 235 metros. 

NÚCLEOS RURAIS

O convenio tamén beneficiará a un tretio de 300 metros do Camiño de Maderne, que dá saída cara á localidade da Casolga, na zona rural do norte do municipio.

Finalmente, acondicionaranse 400 metros no núcleo rural de Veiga de Santo Adrao, na zona sur do municipio.

INICIO DAS OBRAS NUN MES

O goberno provincial será quen inicie a contratación destes traballos. A Deputación prevé que comecen no prazo dun mes

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...