IniciosociedadeSindicatos e partidos reclaman a cobertura da médica de baixa en Alfoz

Sindicatos e partidos reclaman a cobertura da médica de baixa en Alfoz

Concello, VIA e CIG instan á Xunta a que substitúa de forma estable á profesional pola dispersión xeográfica e o envellecemento poboacional do municipio

Publicada o

- Advertisement -

Trala denuncia da veciñanza de que o centro de saúde de Alfoz conta estes días cun só médico de familia, dado que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non cubre a unha facultativa de baixa desde principios do mes de abril, sindicatos e partidos reforzaron a petición de que se substitúa á profesional de forma estable.

A CIG denunciou que o pasado luns “o único médico tivo que saír a tres visitas domiciliarias, quedando o centro de saúde sen atención médica”.

O sindicato lembra que o centro de saúde de Alfoz presta servizo a 1.566 tarxetas sanitarias, e remarca a “dispersión xeográfica” do municipio, “o cuarto da provincia de Lugo cun maior envellecemento da poboación”, polo que esixe a cobertura da profesional de baixa.

O alcalde, o socialista Jorge Val, anunciou días atrás que remitiría un novo escrito á Xunta de Galicia, e recordou que o pleno aprobou por unanimidade no pasado mes de novembro a cobertura das ausencias.

Veciños Independentes de Alfoz (VIA) anunciou que tamén requeriu ao Sergas unha solución. O voceiro do partido independente, Xabier Pardiñas, afeoulle á Xunta “que poña como desculpa que a sobrecarga de traballo do médico non é excesiva baseándose unicamente no ratio máximo desexable de pacientes por galeno. O número de asistentes a consulta aquí é máis elevado porque hai moitos doentes de avanzada idade”, expuxo.

“POSIBLE MARCHA” DA FACULTATIVA

Pardiñas pide ao Sergas que aclare a situación “ante a previsible marcha a outro centro da doutora que está actualmente de baixa, algo inadmisible e inxusto que non se debe permitir”, afirma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...