IniciosociedadeOs pícaros da Mariña entrarán a quirófano nun coche teledirixido

Os pícaros da Mariña entrarán a quirófano nun coche teledirixido

A empresa de cafeterías Apetéceme doou o servizo ao Hospital da Costa, a fin de reducir a ansiedade dos nenos que teñan que afrontar operacións ou probas

Publicada o

- Advertisement -

Os nenos ingresados no Hospital Público da Mariña acudirán a partir de agora á súa cita médica no bloque cirúrxico ou para realizarse probas diagnósticas no seu propio coche eléctrico teledirixido.

A empresa de cafeterías Apéteceme doou o vehículo ao Servizo de Pediatría do centro hospitalario nun acto, celebrado este venres, no que estiveron presentes a xerente executiva da Mariña, María José Cortés Canay, e o xerente da cadea, Nicolás Vázquez, así como profesionais do Hospital Público da Mariña.

“MAIOR EFECTIVIDADE” ASISTENCIAL

Esta iniciativa encádrase dentro do proxecto de humanización dos coidados pediátricos, que propón o uso dos coches teledirixidos de xoguete dentro das instalacións do hospital cunha fin terapéutica.

O obxectivo é tranquilizar ao menor no momento de ter que ir a quirófano e tamén procurar unha mellor colaboración da crianza co persoal sanitario no seguimiento das pautas do seu tratamento e, como consecuencia, proporcionar unha maior efectividade na súa asistencia clínica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...