IniciosociedadeO Concello de Ribadeo cifra en 65.000 euros o impacto das "panchas"...

O Concello de Ribadeo cifra en 65.000 euros o impacto das “panchas” no comercio

Un total de 83 establecementos da vila participaron na campaña da Acisa e o goberno local

Publicada o

- Advertisement -

O pasado domingo concluíu a campaña de promoción do comercio local ribadense na que se puxo en circulación unha “moeda propia”, a pancha. O Concello de Ribadeo asegurou que a iniciativa mobilizou “máis de 65.00 euros” nos oitenta e tres establecementos que se sumaron á proposta, deseñada polo goberno local e Acisa.

Desde que comezara, o 5 de abril, distribuíronse panchas por valor de 40.000 euros, que se canxearon nos comercios e establecementos hosteleiros. O alcalde, Fernández Suárez, apuntou que “o gasto real realizado foi maior, superando os 65.000 euros”. Un balance aínda pendente de que contabilizar as últimas validacións dos establecementos, que poden continuar ata o 20 de maio.

“ÉXITO ROTUNDO”

O rexedor valorou a campaña como un “éxito rotundo” e salientou o seu impacto na “imaxe de marca” do comercio local ribadense, que definiu como o “motor económico e social da vila”. Neste senso, destacou que a campaña “demostrou a forza que ten o comercio ribadense, visibilizando a grande oferta e diversidade que existe”. Suárez Barcia fixo un chamamento ao consumo “en clave local” para manter o dinamismo do sector.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...