IniciosociedadeBurela rexistrou entre xaneiro e abril sete denuncias por violencia machista

Burela rexistrou entre xaneiro e abril sete denuncias por violencia machista

No pasado exercicio tramitáronse un total de 27 demandas, por 18 do ano 2017

Publicada o

- Advertisement -

Sete persoas residentes no municipio de Burela interpuxeron denuncias por violencia de xénero entre os meses de xaneiro e abril do 2019. No pasado 2018 rexistráronse un total de 27, por 18 do 2017.

Son algúns dos datos ofrecidos polo Goberno central na Xunta Local de Seguridade, celebrada este mércores e á que asistiu a subdelegada do Executivo, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano. Tamén participaron na reunión, ademais doutros membros da corporación, representantes da Garda Civil e o Subsector de Tráfico, da Policía Autonómica e da Policía Local.

Rodríguez informou de que, de acordo cos datos oficiais da Garda Civil, no primeiro trimestre de 2019 rexistráronse catro denuncias menos por infraccións penais en Burela que nos mesmos meses do ano pasado.

DESCENSO DO 7,84% DAS DENUNCIAS

Concretamente, de xaneiro a marzo desde ano denunciáronse 47 infraccións penais, 22 delas por delitos graves ou menos graves e 25 por delitos leves. Esta cifra supón unha diminución do 7,84% respecto ao mesmo período do ano anterior, cando nos tres primeiros meses de 2018 rexistraranse un total de 51.

A subdelegada do Goberno en Lugo remarcou tamén o feito de que aumentou sete puntos a eficacia da Garda Civil de Burela, pois o número de infraccións esclarecidas pasou do 33% ao 40%, xa que no primeiro trimestre deste ano resolvéronse 19 dos 47 delitos coñecidos mentres que nos mesmos meses do ano pasado foran resoltos 17 de 51.

Entre xaneiro e marzo, a Garda Civil de Burela detivo doce persoas e investigou outras dez. No primeiro trimestre de 2018 foron detidas catro persoas e investigadas sete.

A taxa de criminalidade no 2018 en Burela, segundo detallou Rodríguez, foi do 22,16, lixeiramente inferior á da provincia de Lugo, que se situou en 22,5 e moi inferior ás de Galicia (28,9) e de España (45,6).

No conxunto do ano 2018 rexistráronse 212 infraccións penais no concello de Burela, das que 83 foron graves e menos graves e 129 delitos leves.

CHARLAS

A Xunta Local de Seguridade de Burela tamén serviu para revisar os plans operativos da Secretaría de Estado de Seguridade, como son o Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade escolar nos centros educativos e o Plan Maior de Seguridade.

A subdelegada do Goberno destacou que no que vai deste curso académico, a Garda Civil impartiu once charlas e ten outras dúas pendentes de realizar, con data xa fixada, sobre temas como os riscos na Internet e as novas tecnoloxías, acoso escolar, violencia de xénero ou drogas e alcol, así como sobre as apostas en rede.

EVENTOS FESTIVOS

Os dispositivos de seguridade que se porán en marcha en Burela con motivo dos distintos eventos festivos que se celebrarán neste concello durante o verán, foron outro dous puntos abordados na xuntanza.

Concretamente, tratouse dos dispositivos de seguridade para as festas patronais, a Festa Castrexa, a romaría do Monte Castelo, a Feira do Bonito e o Festival da Osa do Mar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...