Catro proxectos innovadores en FP desenvoltos na Mariña, premiados pola Xunta

IES de Foz e María Sarmiento e CIFP Porta da Auga, con dous programas, recibirán un total de 68.000 euros pola súa creatividade didáctica

Presentación dun proxecto no CIFP Porta da Auga. AXM

A Xunta de Galicia vén de publicar a resolución pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional (FP). A través dela recoñécese a calidade dun total de catro proxectos de centros de ensino da Mariña Lucense; son un do IES de Foz, dous do CIFP Porta da Auga de Ribadeo e un do IES María Sarmiento de Viveiro

O obxectivo da convocatoria é impulsar iniciativas e proxectos innovadores no ámbito da FP, ao tempo que se fomenta a colaboración con empresas e institucións da contorna.

Na modalidade A, destinada a proxectos que teñan como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica ou científica, que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos, resultaron premiados os seguintes proxectos:

IES de Foz (Foz)

Kahvehvan, o café da FP na rúa

30.848,18 €

CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

Rachando barreiras coas novas tecnoloxías

18.570,60 €

 

MODALIDADE B

No caso da segunda das modalidades, os proxectos debían ter como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Dous proxectos recibiron o recoñecemento da Xunta.

IES María Sarmiento (Viveiro)

Banco de ensaio da máquina asíncrona con captura de datos, control PROFINET e visualización HMI

8.799,85 €

CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

Construción dunha maqueta didáctica para simular o automatismo dunha estación de tratamento de augas potabilizadora (ETAP)

9.492,10 €

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here