San Tirso propón ordenanza para a vivenda tutelada de maiores

O Concello prevé que o servizo, que beneficiará a catro persoas, estea en funcionamento nun mes

Casa consistorial de San Tirso de Abres. AXM

O Ayuntamiento de San Tirso de Abres fixo público o texto da ordenanza reguladora da vivenda tutelada para persoas maiores que prevé poñer en marcha entre finais deste mes e comezos de xullo.

O anuncio abre un prazo de dez días hábiles para que as persoas interesadas no servizo, que ofrecerá catro prazas de aloxamento, fagan as súas achegas en relación co seu funcionamento.

os usuarios terán cubertas tarefas cotiás relacionadas coa alimentación e limpeza

O Concello encargarase de xestionar “inicialmente” esta residencia tutelada que, segundo sinalou a alcaldesa, Goretti Quintana, complementará outros servizos que se prestan no municipio como o de axuda a domicilio ou de teleasistencia.

“CONTRA O ILLAMENTO”

Os usuarios convivirán nesta vivenda, na que terán cubertas tarefas cotiás relacionadas coa alimentación e coa limpeza. Trátase dun modelo de intervención que pretende de estimular e conservar a autonomía dos usuarios, e que “actúa tamén contra o illamento que afecta a moitas persoas no medio rural”, explica a rexedora.

a intención do proxecto é estimular a autonomía dos maiores

A Ordenanza indica que poden optar ás catro prazas dispoñibles persoas autónomas ou sen grandes problemas de mobilidade, residentes ou orixinarias do municipio, maiores de 65 anos ou de 60 no caso dos pensionistas.

Unha comisión de valoracións e seguimento, formada por técnicos e representantes políticos, encargarase de avaliar cada solicitude para establecer, dacordo cos documentos aportados, unha orde de preferencia.

PERSOAL

Na vivenda, situada en El Llano, estanse a realizar nestes días os derradeiros traballos para dotala do equipamento necesario para unha maior accesibilidade. “Contamos tela rematada para o 24 ou 25 de xuño”, anticipou a alcaldesa, que prevé para eses días a presentación oficial da vivenda. Ademais, ultímase a creación de bolsas de emprego para a selección do persoal que se encargará de tutelar e apoiar aos maiores que convivan no centro.

FINANCIACIÓN

O servizo será financiado con recursos propios do Concello, achegas da Consejería de Servicios y Derechos Sociales e mais as taxas dos usuarios, aínda por fixar.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here