Iniciadas en Merille con cortes parciais as obras de mellora da LU-540, que une A Mariña e a AG-64

A Xunta espera que as actuacións, que abranguen nove quilómetros, rematen o venres, aínda que advirte sobre posibles retrasos se as condicións meteorolóxicas non acompañan

LU-540 ao seu paso por Merille. GOOGLE MAPS

EFE. A Axencia Galega de Infraestruturas, da Xunta de Galicia, iniciou este martes en Merille as obras de mellora na estrada autonómica LU-540, que comunica o enlace da AG-64, a autovía Ferrol-Vilalba, coa Mariña Lucense e é unha das principais arterias de comunicación entre a costa e o interior da provincia.

As obras nesta estrada autonómica que vai de Cabreiros, no concello de Xermade, ata Viveiro, prolongaranse ata o venres, en horario diurno, que o que obrigará a realizar cortes parciais na vía entre os quilómetros 10 e 19, onde se concentrarán os traballos de mellora do firme.

Segundo informou a Xunta, as obras comezaron este martes na localidade de Merille, no municipio de Ourol. O tráfico circulará de forma alternativa polo carril que non se vexa afectado polas mesmas, polo que se utilizarán semáforos que regularán o paso.

CONEXIÓN DA COMARCA CO INTERIOR

En principio, está previsto que as obras na coñecida como a carretera da Gañidoira -dado que pasad polo alto do mesmo nome no municipio de Muras, unhas das principais vías de comunicación desde o centro da provincia coa parte occidental da Mariña, queden finalizadas o venres.

En todo caso, a Xunta avisa de que a execución dos traballos estará condicionada polas condicións climatolóxicas, dado que as operacións de reforzo do firme “deben realizarse con tempo seco para garantir a súa calidade e durabilidade”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here