Un estudo sobre o lobo ibérico do IES San Rosendo de Mondoñedo, premiado a nivel estatal

María Bouso Posada, Xiana Rego Fernández e Ana Rubal Sánchez expuxeron o traballo, coordinado polo profesor Óscar Chao Penabad, no Certamen Jóvenes Investigadores

As alumnas do IES San Rosendo reciben o premio. AXM

O proxecto do alumnado de Bioloxía do IES Plurilingüe San Rosendo de MondoñedoO da la miúda‘, para o estudo do lobo ibérico na comarca da Mariña Lucense, gañou un dos seis primeiros premios aos mellores proxectos científicos da trixésima edición do Certamen Jóvenes Investigadores, que convocan o Instituto da Xuventude (Injuve) e o Ministerio da Ciencia, Innovación e Universidades.

Tres alumnas –María Bouso Posada, Xiana Rego Fernández e Ana Rubal Sánchez– foron as encargadas de presentar o proxecto, que estuda a distribución, a etoloxía e a fenoloxía desta especie nas proximidades do centro educativo, baixo a coordinación do profesor Óscar Chao Penabad.

No concurso participaron 40 proxectos, que o alumnado debeu defender estes días no Centro Eurolatinoamericano de Juventud (Ceulaj) de Mollina (Málaga).

PROXECTO REBINXE

Trátase dun premio a unha nova iniciativa enmarcada no Proxecto Rebinxe, que tenta que o alumnado exerza un papel mediador nos conflitos entre a veciñanza e os animais á vez que se familiariza coas características das distintas especies.

tarefa de atopar un equilibrio e unha convivencia entre o cánido e os seres humanos segue pendente, e ao longo dos últimos anos as administracións non foron capaces de atopar unha alternativa aos ataques para as persoas que viven en plena natureza.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here