IniciosociedadeViveiro urxe a Portos de Galicia a habilitar o muelle vello pola...

Viveiro urxe a Portos de Galicia a habilitar o muelle vello pola falta de aparcamentos para o Resu

A rexedora advirte do malestar de veciños e comerciantes porque "houbo problemas" co mercado e prevé dificultades no verán se non se libera unha zona con 355 prazas de estacionamento

Publicada o

- Advertisement -

O consistorio de Viveiro acolleu este venres a Xunta Local de Seguridade que ultimou os preparativos para o Resurrection Fest, que se celebrará do 3 ao 6 de xullo. Unha das preocupacións, segundo expuxo o Concello, é a falta de prazas de aparcamento, para o que o executivo local urxe a Portos de Galicia a axilizar as obras de acondicionamento do peirao vello tralo derrubo dos galpóns.

Estamos facendo todas as xestións posibles para axilizar as obras que se están a executar, transmitindo a Portos de Galicia o malestar de veciños e comerciantes ante o prexuízo ocasionado polo peche desta área de estacionamento”, explicou a alcaldesa, a socialista María Loureiro.

355 PRAZAS EN ESPERA

A rexedora sinala que co inicio do período estival, no que Viveiro multiplica a súa poboación, a carencia “faise máis notable”. A previsión é que o novo espazo ofreza 355 prazas de aparcamento.

Este xoves, afirma a primeira edil, “coincidindo co mercado semanal, xa houbo problemas para estacionar e é evidente que a próxima semana, coa celebración do Resurrection Fest e os miles de persoas que chegarán a Viveiro, a situación vai ser moito peor”.

Así, Loureiro pide á Xunta de Galicia que as obras se axilicen todo o posible e se autorice a apertura do estacionamento durante a celebración do Resurrection Fest”, algo que “se plantexou” na Xunta de Seguridade.

100.000 PERSOAS

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e Loureiro presidiron o encontro para abordar a seguridade no evento, no que se esperan a máis de 100.000 persoas.

No dispositivo de seguridade participarán todos os corpos de seguridade e de emerxencias, xunto cos servizos privados contratados pola organización. A Policía Nacional, a Garda Civil –cos seus servizos de Tráfico e do Mar-, a Policía Local, a Policía Autonómica, Protección Civil, Bombeiros e o resto de servizos sanitarios e de emerxencias colaborarán para manter a convivencia e evitar posibles incidencias, tanto no recinto do festival como na zona de acampada de Covas.

DISPOSITIVO DE SEGURIDADE

A Policía Nacional de Viveiro contará con reforzos entre os que se inclúen membros das unidades de intervención, que son expertos en grandes eventos nos que se poden producir situacións de risco como poden ser avalanchas, ademais de ter o apoio de axentes a cabalo, guías caninos e funcionarios da brigada móbil.

No operativo tamén participará o subsector de Tráfico da Garda Civil, que disporá de 15 patrullas para facerse cargo do control dos accesos a Viveiro e ás proximidades do recinto para asegurar fluidez e a seguridade da circulación.

A Policía Local ten previsto un plan de tráfico especial con motivo do festival no que, ademais dos seus axentes, contará con reforzos procedentes de Lugo, Ferrol, Burela e Cedeira.

O servizo marítimo da Garda Civil ocuparase da vixilancia por mar e manterá atracada a súa patrulleira no porto de Celeiro, que tamén colabora no dispositivo.

Ademais, o centro de mando avanzado da Axencia Galega de Emerxencias estará instalado na zona durante todos os días que dura o festival.

PUNTO LILA

Como xa se fixera na anterior edición, o Concello de Viveiro instalará un Punto Lila para concienciar contra a violencia de xénero e prestar axuda a calquera muller que puidera ser vítima dalgún tipo de abuso e a organización conta tamén con un protocolo de actuación en materia de violencia machista.

Na reunión que celebrou este venres participaron representantes da organización do festival, da Policía Nacional, a Garda Civil, o subsector de Tráfico, a Garda Civil do Mar, a Policía Local, a Policía Autonómica, Protección Civil, o Parque de Bombeiros, o PAC de Viveiro, a Policía portuaria, o Porto de Celeiro e a Confraría de Pescadores de Celeiro.

PLAN DE TRÁFICO

A Policía Local ten previstas restricións ou modificacións temporais do sentido normal da circulación nas seguintes vías:

Na Avenida de Ramón Canosa, treito entre a LU-862 e cruce da Piscina Municipal: restrinxido con control de acceso desde as 13:00 horas ata o remate dos concertos os días 3,4,5 e 6 de xullo.

Na Rúa Lavandeiras, treito entre a Conserveira e o Pósito: habilitarase o dobre sentido de circulación desde as 8:00 horas do día 1 de xullo ata as 8:00 horas do día 8 de xullo. Prohibición de estacionamento en dito treito, agás na praza de persoas con mobilidade reducida.

Na Rúa Antonio Blas e estrada As Nogueiras: sentido único de subida por Antonio Blas, agás autobuses. A baixada de San Roque farase por As Nogueiras, agás os autobuses.

No cruce da LU-862 coa LU-102, desvíos provisionais polas noites dos días de Festival en función das necesidades do transito peonil e a aglomeración de persoas na vía pública.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...