IniciosociedadeCervo ofrece á mocidade cursos de monitor de tempo libre ou manipulador...

Cervo ofrece á mocidade cursos de monitor de tempo libre ou manipulador de alimentos

O Concello inclúe esta formación no programa Avívate, de balde e dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos

Publicada o

- Advertisement -

A delegación de xuventude do Concello de Cervo pon en marcha a segunda edición do programa Avívate, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. O plan, que comezará o 2 de xullo, inclúe un curso de monitor de tempo libre, outro de manipulador de alimentos e un terceiro de primeiros auxilios.

Dentro da iniciativa tamén está prevista unha visita á escola infantil municipal o 8 de agosto e un obradoiro de ioga impartida por unha especialista.

INSCRICIÓNS

As inscricións son de balde e as prazas son limitadas. Os interesados poden anotarse na casa da cultura e a data límite para inscribirse é o vindeiro xoves, 28 de xuño.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, afirma que o programa ten como obxectivo “reforzar a formación dos mozos e mellorar a súa empregabilidade, nun mercado laboral cada vez máis competitivo e que demanda maior cualificación”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...