IniciosociedadeA Gaivota estreará en setembro un surf camp e unha escola deste...

A Gaivota estreará en setembro un surf camp e unha escola deste deporte

O promotor do cámping barreirense, Celso Dourado, traballa con surfistas vascos nuns aloxamentos móbiles pensados para estes deportistas

Publicada o

- Advertisement -

O cámping A Gaivota de Barreiros anunciou o pasado venres que poñerá en marcha en setembro unha escola de surf e un surf camp para este tipo de deportistas, con aloxamentos relacionados con este deporte.

O propietario destas instalacións, Celso Dourado, explica que o surf camp consistiría en “aloxamentos na súa maioría móbiles pensados única e exclusivamente para os surfistas”.

O xerente e propietario do cámping subliña “a enorme afluencia de surfistas que temos” no negocio pois “xusto diante del danse as condicións idóneas para a práctica deste deporte”.

Deste xeito, está a traballar con surfistas de Sopelana, no País Vasco, para levar a cabo esta iniciativa “un tanto complexa, pero que co seu asesoramento esperamos sacala adiante”.

Dourado engadiu que “estamos dándolle forma ao proxecto, coa posible sociedade con xente preparada dentro do mundo do surf para a creación da escola, que tentaremos empezar a últimos de verán”.

TRINTA ANOS

O surf camp súmase á oferta do cámping A Gaivota que conta tamén con caseríos e cabanas dotadas de cociña, menaxe, frigorífico, baño, sala de estar-comedor, dormitorios e terraza.

Ademais, ten unha área de acampada totalmente arbolada e coas parcelas delimitadas por setos vexetais. Este ano cumpre tres décadas esta instalación na que a madeira, o cristal e a pedra son os elementos principais da súa construción, deseñada e realizada por Dourado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...