IniciosociedadeDúas mestras do Ceip de Cervo participan nun encontro internacional en Portugal

Dúas mestras do Ceip de Cervo participan nun encontro internacional en Portugal

Dentro do proxecto Erasmus +, a xuntanza serviu para profundizar en varias ferramentas pedagóxicas

Publicada o

- Advertisement -

Dúas mestras do CEIP de Cervo participaron na segunda reunión transnacional do proxecto de Erasmus+Creating, Communicating, Our Diversity we are Celebrating’. A xuntanza celebrouse en Marco de Canaveses, Portugal.

Durante a xuntanza, os participantes estableceron novas liñas de traballo e actuación para o seguinte curso académico e tomaron decisións con respecto á avaliación deste primeiro curso.

Ademais, os docentes profundizaron no uso de novas ferramentas pedagóxicas, como eTwinning, unha aprendizaxe para a que contaron coa coordinadora e embaixadora do proxecto, Magdalena Goc. Os mestres tamén traballaron sobre Mobility Tool, así coma Stop Motion.

EN OUTUBRO, INTERCAMBIO

Dúas alumnas do Ceip de Cervo participaron no pasado mes de maio nun encontro de escritura creativa impulsado por este programa, e celebrado en Tesalónica, Grecia. No mes de outubro, o intercambio terá lugar no centro cervense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...