Terceiro día sen conexión Ribadeo-Cudillero por tren

Desde este mércores as conexións de media distancia de Asturias con Cantabria e Galicia xa non se puideron realizar integramente por tranvía

Tranvía de Feve. AXM

Os traxectos entre Cudillero e Ribadeo dos trens de media distancia de Renfe realízanse por carretera por “motivos técnicos” por terceiro día, xa que a conexión con Galicia por tren non puido realizase integramente a través de ferrocarril.

Segundo a conta de Twitter InfoRenfe, a canle oficial de información de tráfico de Renfe Viaxeiros, as causas técnicas afectan os trens de media distancia entre Oviedo e Ferrol, concretamente entre o traxecto entre a localidade asturiana de Cudillero e a lucense de Ribadeo.

 

“AVARÍAS” NAS UNIDADES

Desde este mércores as conexións de media distancia de Asturias con Cantabria e Galicia xa non se puideron realizar integramente por tren. Fontes de Renfe informaron que a situación se debía a “avarías” nas unidades de tranvía.

Doutra banda, tamén houbo incidencias no traxecto entre Llanes e Ribadesella, na ruta ferroviaria cara a comunidade cántabra.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here