O primeiro Viveiro con Orgullo amosou a diversidade sexual “no espazo público”

Na fin de semana celebrouse a primeira edición do festival, cun carácter educativo e familiar e pioneiro na Mariña Lucense

Actividade no Viveiro con Orgullo. AXM

Os xardíns de Noriega Varela acolleron o pasado sábado a primeira edición do festival Viveiro con Orgullo, que aspira a reivindicar a diversidade sexual e converterse nunha cita marcada no calendario.

O afán educativo do festival, organizado polo Concello de Viveiro, deixouse notar nas actividades, moitas delas dedicadas aos nenos, como un contacontos ou unha festa das cores.

ACTIVIDADES DIVULGATIVAS

Non faltou a música, con The Tetas’ Van no vermú e Sunday Morning Club e Venga Venga pola noite. Ademais, o evento contou cun tapeo durante o que os locais de Viveiro lociron decoración para a ocasión, unha intervención artística a cargo de Lag e unha charla do colectivo Chrysallis, que tamén dispuxo unha exposición divulgativa na biblioteca.

O actor Fran Quiroga, que encarnou á Cabezuda Travestida Divine, resumiu no pregón a intención de Viveiro con Orgullo: “que a diversidade sexual e a identidade de cada quen non quede escondida ou reducida á casa, senón que poida tomar tamén o espazo público“.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here