IniciosociedadeO PP de Ribadeo culpa ao Concello da "insuficiente" presión da auga...

O PP de Ribadeo culpa ao Concello da “insuficiente” presión da auga no casco e nas parroquias

Vega lembra que o abastecemento é "competencia municipal" e dubida da"colaboración institucional" para cambiar a tubaxe desde Vilarbetote pola "crispación" do Concello

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Ribadeo asegurou este luns que o abastecemento de auga “non é un tema prioritario” para o goberno local, pois “non se interesou en 16 anos por solucionar os problemas de roturas da canalización e de presión de auga”.

Despois de que o alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, pedira conxuntamente coa rexedora de Trabada, a socialista Mayra García Bermúdez, audiencia co presidente da Xunta de Galicia trala última rotura da traída que vén desde Vilarbetote, con canalizacións de fibrocemento de décadas de antigüidade, o voceiro da formación conservadora, Daniel Vega, responsabiliza ao primeiro edil de que “tanto a veciñanza do casco urbán como das parroquias do rural sofren problemas coa presión da auga, que en ocasións non é suficiente para o normal desenvolvemento de tarefas habituais nunha vivenda”.

POLÉMICA POR UN PROXECTO SEN LICITAR

Vega salienta que o abastecemento de auga “é competencia municipal” e insta a Suárez Barcia a “dar explicacións aos veciños e veciñas de Ribadeo sobre o motivo polo que impediu no 2014 a mellora do abastecemento cando a Xunta dispuña dos proxectos e os fondos europeos e propios para cofinanciar as obras”.

Segundo o concelleiro do PP ribadense, “naquel momento o alcalde do BNG bloqueou o avance do proxecto ao non poñer a disposición da Xunta os terreos para a construción de novos depósitos de captación de auga”.

A pasada semana, Suárez Barcia reclamou que se retome o proxecto elaborado “hai oito anos” para substituír a tubaxe desde Vilarbetote, unha actuación que suporía un investimento de máis de 5,5 millóns de euros.

Nese mesmo 2014, o Goberno galego fixo unha separata para unha primeira fase, onde se construiría un depósito de auga por 1,5 millóns de euros. O alcalde lamentou que “nunca se soubo nada máis destes dous proxectos”, sen licitar.

O PP PIDE USAR “ORZAMENTO PROPIO”

Vega asevera que, dado que o Concello “recada impostos”, tamén “pode investir orzamento propio para contribuír a facer realidade estas melloras canto antes”. O edil popular dubida da posibilidade de que haxa “colaboración institucional” porque, argumenta, “a actitude de crispación de Suárez Barcia dificulta o desenvolvemento de proxectos en beneficio dos ribadenses”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...