Viveiro volve ao Renacemento

O Mercado Renacentista aitegou as rúas do casco histórico, con xantares multitudinarios

Grupo caracterizado para a ocasión. AXM

A décimo primeira edición do Mercado Renacentista de Viveiro fixo brillar un ano máis o casco histórico da vila. Ducias de postos de alimentación e artesanía, actuacións musicais e teatrais e a implicación dos veciños, que volveron vestirse ao xeito da época de Carlos V, deron cor a un día nubrado na Cidade do Landro.

COMIDAS AO AIRE LIBRE

Non faltaron os xantares ao aire libre, con algunhas mesas que superaban o medio centenar de comensais, mesmo cando os máis tardóns estiraron todo canto poideron o vermú nos establecementos de hostalería do núcleo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here