A federación de Anpas lucense reclama “solucións” ás “condicións nefastas” no Ceip de Cervo

Malia que a Xunta insiste en que as aulas están "listas", Fapacel considera as instalacións "inadecuadas" en materia de "seguridade e hixiene" e salienta "o disgusto" dos pais

EFE. A Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais (Anpas) de colexios públicos de Lugo (Fapacel) cualificou como “pésimo” o inicio do curso nos colexios de Cervo e Casás -na capital lucense-, como consecuencia das “nefastas condicións” das aulas en ambos centros en materia de “seguridade e hixiene” ao continuar as obras de reforma dos mesmos.

Nun comunicado, Fapacel recoñece que as familias que teñen aos seus fillos matriculados no colexio de Cervo, que adiaron o inicio do curso ao non levar os pequenos ao colexio, están “moi disgustadas pola situación“, dado que en ningún momento se ofreceu unha “alternativa ou solución“.

O sentimento, engade, é de “impotencia e malestar“, porque se iniciou o curso nunhas “instalacións inadecuadas en canto a seguridade e hixiene”, pero que a xuízo da Consellería de Educación “están en perfecto estado“.

“O enfado das familias de Casás tamén é importante”, engade este colectivo, e “os pais e nais” teñen o propósito de “non levar aos nenos” ao colexio ata o luns, “esperando a que acaben as obras e se habiliten as aulas con todo o material que o profesorado necesita, pois a día de hoxe aínda non hai libros, nin pizarras nin ordenadores“.

“DESINFORMACIÓN”

“Preocupa moito a desinformación que desde a Consellería de Educación estase a dar e mentres isto continúe seguiremos reclamando medidas urxentes“, di Fapacel, quen “comparte a preocupación das familias afectadas e apoia todas as súas accións reivindicativas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here