Paro de catro horas en Costiña, onde o comité anuncia folgas se continúan “os atrasos” no pago das nóminas

Os sindicatos aseguran que "a maioría" dos 65 traballadores do serradoiro de Alfoz, "cansa de incumprimentos", secundou a protesta

Serradoiro do Grupo Costiña. WIKIPEDIA

O comité de empresa de Costiña convocou este martes un paro de catro horas no serradoiro de Alfoz, que foi secundado “pola maioría dos 65 traballadores da empresa”, para denunciar os “reiterados atrasos” no pagamento das nóminas por parte da empresa.

Segundo expuxeron os sindicatos, o paro tivo lugar en dúas quendas, desde as 11.00 ás 13.30 horas e desde as 14.00 ás 16.00 horas. Durante ese tempo, os traballadores, que se mantiveron nas instalacións da empresa, atenderon as explicacións dos seus representantes e decidiron “as vindeiras medidas a tomar de seguir con esta situación”, precisa o presidente do comité, Constantino Paleo (CIG).

CUMPRIR O CONVENIO, “MOI DIFÍCIL”

Así, o cadro de persoal será chamado a convocatorias de folga “todos os meses” ata que a empresa se comprometa a ingresar a nómina “cando menos antes do día 15 de cada mes, xa que o cumplimento estrito do convenio, que fixa os seis primeiros días do mes para pagar, semella moi difícil”, asegura o comité de empresa.

Os sindicatos aseguran que “non quixeramos ter chegado a esta situación”, pero os obreiros “levan moito tempo así e están cansos de incumprimentos” por parte da empresa. “Tivemos moita paciencia, pero os recibos chegan e nós temos que cumprir”, conclúen.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here