IniciosociedadeA zona escolar da avenida da Mariña de Burela contará cun aparcadoiro...

A zona escolar da avenida da Mariña de Burela contará cun aparcadoiro desde o luns

O Concello espera que sexa suficiente para ofrecer estacionamento aos pais do alumnado e ao profesorado dos centros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anunciou que este luns entrará en funcionamento un novo aparcadoiro municipal ubicado preto da escola infantil da avenida da Mariña, a fin de que as familias do alumnado dos centros de ensino da zona teña un servizo de estacionamento.

O alcalde en funcións, Alfredo Llano, explicou que o aparcadoiro “vai ter capacidade suficiente para os pais dos alumnos que van a eses centros e tamén para os profesores. Polas súas dimensións e facilidade de acceso creo que vai ser útil”, indicou o rexedor, que espera que “sexa ben empregado e que sirva para gañar seguridade e axilidade á hora de deixar os rapaces”.

SERVIZO “MOI DEMANDADO”

Llano, que visitou o aparcadoiro co concelleiro de obras en funcións, Ramiro Fernández Rey, asegura que o servizo “era algo moi demandado e fíxose o antes posible. Pensamos que vai servir para cubrir esta demanda”, conclúe. Nesta área ubícanse a escola infantil antes mencionada e tamén o colexio de infantil e primaria Virxe do Carme, tamén coñecido como Os Castros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...