O BNG de Foz pide respado para instar á Xunta a permitir “sen censuras” debates electorais no IES

Os nacionalistas levarán ao pleno unha moción para que o Concello requira a autorización da Xunta, que no pasado maio cancelou a última hora un encontro habitual desde o 2011

Francisco Javier Fanego. AXM

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Foz levará unha moción ao vindeiro pleno para instar ao Concello de Foz a que solicite á Consellería de Educación a autorización “definitiva e sen censuras” para a realización de debates electorais no IES, despois de que a Xunta de Galicia cancelase a última hora un encontro entre o alumnado do centro e os candidatos de todas as forzas políticas participantes nos pasados comicios municipais.

Os nacionalistas lembran que o claustro do IES viña realizando esta actividade coa participación dos alumnos de cuarto da ESO, Bacharelato e ciclos formativos, desde o ano 2011, para diferentes convocatorias electorais. “Os alumnos, por moito que sexan menores de idade e sen dereito ao voto, son o noso futuro e a educación é bastante mais que o currículum académico. Estanse a formar cidadáns que hai que educar no sentido cívico e ético“, remarcan desde o Bloque.

O BNG focego, segundo expón o seu voceiro, Francisco Javier Fanego, considera que se deben “propoñer ferramentas nas que os alumnos, futuros cidadáns de dereito e actores políticos podan sentirse útiles, e non meros copistas de apuntes e lectores de libros de texto“.

“ESTASE A FORMAR CIDADÁNS, NON COPISTAS DE APUNTES”

Así, considera o Bloque que a cancelación do debate “vai de fronte contra o que debe ser unha educación aberta e problematizadora en relación co seu contexto”. Deste xeito, as concellerías de Xuventude e Educación apoian publicamente á dirección do IES e requerirán á corporación o seu respaldo para solicitar á Xunta o permiso definitivo para a realización destas actividades.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here