Alerta amarela por ventos superiores aos 80 qm/h e por temporal costeiro, o martes, na Mariña Lucense

O día 24 agárdase mar combinado do noroeste, con ondas de catro a cinco metros

A Mariña permanecerá en alerta laranxa este martes por ventos fortes. AXM

A Mariña Lucense permanecerá este luns en alerta amarela por vento, unha advertencia que se manterá durante a tarde do martes, na que tamén se activará o aviso amarelo -o de menor grao de perigosidade- por temporal costeiro, segundo avanzou Meteogalicia no seu boletín do tempo.

Este luns, agárdanse refachos de vento de compoñente sur superiores aos 80 quilómetros por hora durante toda a xornada. Para martes espéranse valores similares durante tarde-noite.

AVISOS ACTIVOS NA MADRUGADA DO MÉRCORES

No tocante ao aviso por temporal costeiro, activarase o martes a partir das 18.00 horas. O prognóstico é de mar combinado do noroeste, con ondas de catro a cinco metros. Ambos avisos permanecerán activos durante a madrugada do mércores.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here