IniciosociedadeFCAM e Burela FS premiarán a fidelidade ao comercio local con entradas...

FCAM e Burela FS premiarán a fidelidade ao comercio local con entradas para os partidos de Primeira

Oito clientes dos establecementos asociados asistirán de balde cada 15 días aos partidos do equipo masculino e feminino do Pescados Rubén, ambos da máxima categoría

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS e a Federación de Comercio da Mariña (FCAM) dinamizarán o deporte e o comercio da bisbarra a través do acordo que asinaron esta semana os seus presidentes, Manuel Blanco e José Carlos Paleo.

Ambos os dirixentes reuníronse na sede do club burelao para perfilar os detalles da colaboración. As entidades promoverán accións conxuntas ao longo de toda a tempada que repercutan en beneficio dos case 1.000 asociados dos que dispón a FCAM, que reúne as asociacións de comerciantes de Foz, Ribadeo, Burela, Viveiro, Covas, Xove, O Vicedo e Lourenzá.

A asociación que reúne ao comercio mariñao e o club deportivo de maior rango da bisbarra, cos equipos masculino e feminino na máxima categoría do fútbol sala español, anunciaron este xoves a súa primeira actividade conxunta.

Así, en cada xornada de Liga, oito clientes dos comercios asociados á FCAM recibirán un premio pola súa fidelidade, desfrutar de balde do espectáculo de Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) e da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) en Vista Alegre.

1.000 MOTIVOS PARA MERCAR NA MARIÑA

A FCAM continúa, ata o vindeiro 25 de novembro, coa súa campaña ‘1.000 motivos para mercar na Mariña‘. Os clientes do comercio local das oito agrupacións de empresarios asociadas recibirán unha papeleta coa que poderán participar en sorteos de 1.000 euros en vales de compra. Os comerciantes da Mariña destinarán un total de 8.000 euros a premios nesta campaña.

O vindeiro sorteo será en Foz, o día 30 de setembro, e poderán participar nel aqueles clientes que merquen nos establecementos focegos entre o 23 e o 29 de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...