IniciosociedadeLópez recibe ás presidentas de Hijos de Lorenzana de Cuba e Bos...

López recibe ás presidentas de Hijos de Lorenzana de Cuba e Bos Aires

A alcaldesa agradeceu aos dous colectivos o seu esforzo por manter vivos os vínculos entre A Mariña e América

Publicada o

- Advertisement -

As presidentas das sociedades Hijos de Lorenzana de Cuba, Josefina Rodríguez Rodríguez, e Bos Aires, María Isabel Iglesias Llano, visitaron este xoves o consistorio laurentino, onde foron recibidas pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de cultura, Manuel Arango. Tamén asistiu ao encontro Vidal Martínez-Sierra, ex rexedor do municipio.

FORTE EMIGRACIÓN

O acto axuda a manter vivos os vínculos entre Lourenzá e os dous países americanos, que comezaron a finais do século XIX e a principios do XX, cando centos de persoas marcharon a Cuba e Arxentina, entre outros países, para gañarse a vida. As agrupacións naceron co obxectivo de xuntar aos laurentinos na diáspora para que poidesen sentirse o máis preto posible das súas raíces.

os colexios do castro e alaxe testemuñan a xenerosidade da agrupación cubana, fundamental na escolarización no municipio

A rexedora agradeceu o esforzo das dúas asociacións neste ámbito e tamén o altruismo do colectivo cubano, que desenvolveu un papel fundamental na escolarización de xeracións de nenos e nenas do municipio. O colectivo de emigrantes axudou na construción de varios colexios, dos que aínda hai dous en pé, o de San Adriano, no Castro, e o de San Xorxe, en Alaxe.

A VISITA, “UNHA HONRA”

A alcaldesa expresoulles ás presidentas dos colectivos de emigrantes laurentinos, que deixaron constancia da súa visita no libro de sinaturas do Concello, que a súa visita “é unha honra”, e prometeu facer o posible “para que este vínculo siga vivo e presente, e desde hoxe o reforcemos aínda máis”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...