A Feira do Mel do Valadouro reunirá 40 postos e ata 18 con distintos tipos do “ouro líquido”

A asociación de fruticultores local ofrecerá nun posto mazá ecolóxica producida no municipio e tamén en Alfoz

Representantes do goberno local, coas autoras do cartel da feira AXM

Máis de 40 postos rexistrados, 18 deles con tipos distintos de mel, participarán na feira do Valadouro dedicada ao produto, que se celebrará o 12 de outubro.

Once serán os produtores locais que mostrarán o resultado do seu traballo na rúa Andrés López Palmeiro, acompañados doutros expositores chegados desde Friol, Ourense, A Fonsagrada, Viveiro e Asturias.

Paralelamente ao produto estrela do municipio dentro do Mercado de Outono, os visitantes atopasen postos de artesanía, castañas ou cosmética natural. A asociación
Afruval (Asociación de Fruticultures do Val) ofrecerá nun posto mazá ecolóxica
producida no Valadouro e Alfoz.

MAIA GARCÍA E CANDELA RIVEIRA, AUTORAS DO CARTEL

Como en edicións anteriores, a base do cartel esta deseñada por alumnos do Centro de
Educación Infantil e Primaria Santa María do Valadouro. Nesta ocasión os deseños
son obra das alumnas Maia García e Candela Riveira de sexto curso. Os gañadores de
cada curso serán premiados dentro da conferencia que a Indicación Xeográfica Protexida “Mel de Galicia” ofrecerá para o alumnado do centro
educativo o vindeiro venres día 11 de outubro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here