Ribadeo acollerá desde este xoves a Interfederativa de Confrarías do Cantábrico-Noroeste

Os descartes, os permisos e diferentes criterios de peche da pesquería do bonito do norte, os cupos de cabala ou a situación da sardiña ibérica serán algúns dos temas a debater

Anterior Interfederativa, en Viveiro. AXM

A vila de Ribadeo acolle esta semana a quinta edición da Interfederativa de
Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste, na que participan representantes das federacións de pósitos de Guipúscoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A CoruñaPontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías.

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta nova
xornada técnica, que se celebra no Parador de Ribadeo o xoves 10 e venres 11 de
outubro, para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa
situación actual e os principais retos de futuro.

Esta edición do congreso repite a dinámica de anteriores edicións: reunión interfederativa o xoves pola tarde e xuntanza de traballo conxunta entre representantes das Confrarías e das Administracións pesqueiras de España e das Comunidades Autónomas do Cantábrico na mañá do venres.

A apertura do encontro terá lugar ás 16.00 horas do xoves e durante a tarde os representantes das oito Federacións de Confrarías manterán unha Xornada Técnica onde se fará unha revisión das conclusións da cuarta Interfederativa, que se celebrou en Viveiro en outubro do ano pasado, e abordaranse diferentes temas xerais e de interese común, como os descartes, os permisos e diferentes criterios de peche da pesquería do bonito do norte, o regulamento OMNIBUS, o futuro dos fondos FEMP, a situación da sardiña ibérica ou os cupos de cabala propostos polo ICES.

OITO FEDERACIÓNS

Nesta reunión participan representantes da maioría das Federacións de Confrarías do
Cantábrico Noroeste: Guipúzkoa (Josu Ezenarro González Etxebarri, presidente, e Miren Garmendia, secretaria), Bizkaia (Aurelio Bilbao Barandica, presidente, e Eusebio Aranzamendi Etxaburu, secretario), Cantabria (Miguel Fenández Pérez, presidente, e Enrique Paz, secretario), Asturias (Juan Dimas García Acebal, presidente, e María José Rico Fernández, secretaria), Lugo (Basilio Otero, presidente, Javier Sánchez e Domingo Rey, vicepresidentes, e Carmen Abad, secretaria), A Coruña (Daniel Formoso, presidente) e Pontevedra (José Antonio Gómez Castro, presidente, e Francisco Javier Martínez Durán, secretario), así como a Federación Galega de Confrarías (José Antonio Pérez Sieira, presidente, e Marita González, secretaria).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here