Narciso de Gabriel e Beiras participarán nun foro sobre educación e medio rural en Riotorto

As terceiras Xornadas da Terra de Miranda, que organiza a Nova Escola Galega, celebraranse os días 25 e 26 de outubro

Xosé Manuel Beiras. EFE
O centro sociocultural Avelino Díaz de Riotorto acollerá os días 25 e 26 de outubro as terceiras Xornadas da Terra de Miranda, na que participarán, entre outros, Narciso de Gabriel -pedagogo e autor de investigacións sobre a escola no rural ou Elisa e Marcela– dunha investigación ou o político e economista Xosé Manuel Beiras.

TOPÓNIMO SUPRAMUNICIPAL

Unha vintena de asociacións e colectivos de toda índole apoian as xornadas, organizadas pola Nova Escola Galega, ademais da Deputación de Lugo e dos gobernos locais de Riotorto, Trabada, A Pontenova e Meira, espazos da antiga Terra de Miranda.

O FOCO, NO ÁMBITO EDUCATIVO

O encontro poñerá sobre a mesa un debate sobre a situación do medio rural, cunha ollada no ámbito educativo, pero “tendo en conta que o que sucede no ámbito da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito máis complexa”, expón a organización.

HOMOLOGADO POLA XUNTA PARA DOCENTES

A asistencia ao encontro será libre e gratuíta, pero aqueles profesionais da educación que desexen certificado homologado pola Consellería de Educación (de doce horas) deben formalizar a súa matrícula.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here