Estado e Xunta financiarán cun millón o remate de 40 vivendas en Ribadeo para alugar a prezo reducido

Tralas obras, nun bloque de Rafael Fernández Cardoso, os fogares disporanse alomenos 25 anos en arrendamento bonificado

Avenida Rafael Fernández Cardoso. GOOGLE MAPS

O Consello da Xunta de Galicia autorizou o pasado xoves a sinatura dun acordo de financiamento para retomar e rematar 40 vivendas xa iniciadas na rúa Rafael Fernández Cardoso de Ribadeo. Os promotores privados deste proxecto recibirán unha subvención de 982.100 euros a cambio de dispoñer estes fogares a un prezo de alugueiro reducido.

Trátase dunha liña de axudas enmarcadas no Plan de Vivenda 2018-2021 do Ministerio de Fomento, co que se pretende impulsar o acceso a un fogar en alugueiro a prezo reducido. Os investimentos realizados permitirán sufragar a rehabilitación ou construción de 96 vivendas en tres concellos de Galicia que, tralas obras, disporanse en rexime de alugueiro a un prezo reducido durante un prazo mínimo de 25 anos para persoas e familias cuns ingresos que non superen 4,5 veces a contía do Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM).

Con todo, no caso de familias numerosas e persoas con determinadas discapacidades os ingresos máximos poderán chegar a quintuplicar este indicador.

Un dos convenios permitirá a rehabilitación de cinco vivendas na Coruña. Neste caso, o promotor da actuación é o propio Concello, que recibirá unha axuda de 91.800 euros destinados á rehabilitación de cinco vivendas e localizadas na rúa Marqués de Pontejos.

Nos outros tres convenios, os promotores que se beneficiarán das axudas son privados. En Sarria, un dos proxectos consiste en retomar e rematar unha actuación de 40 vivendas xa iniciadas na rúa Castelao, cunha axuda de 1.083.530 euros, e no segundo, unha a construción doutras once na rúa Frei Xoán, cunha axuda de 215.337 euros.

PREZO MÁXIMO

O prezo máximo do alugueiro de cada inmoble dependerá da modalidade da axuda solicitada e da área xeográfica en que se localizan as vivendas.

Así, a promoción da Coruña está incluída no grupo denominado “prezo máximo superior“, polo que os prezos por metro cadrado son 5,23 € renda/m2 útil de vivenda e de 3,14 € por renda/m2 útil de rocho e garaxe.

Ribadeo e Sarria corresponden a zona 1, polo que os prezos son de 4,26 € para a vivenda e 2,94 € para os rochos e garaxe.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here