IniciosociedadeO Concello dispón unha beirarrúa ao longo de medio quilómetro do polígono...

O Concello dispón unha beirarrúa ao longo de medio quilómetro do polígono de Cuíña

Cun orzamento de 150.000 euros cofinanciado pola Xunta, a instalación da beiravía servirá para mellorar a seguridade dunha zona con habitual afluencia de peóns

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo iniciou a construción dunha beirarrúa de 1,65 metros de anchura que conectará todo o polígono de Cuíña, a fin de mellorar a seguridade nunha zona que conta cunha afluencia de viandantes. 

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, e a edil de obras, Mali Méndez, supervisaron a actuación, que ten un prazo de execución de tres meses e que conta cun orzamento total que ascende a 150.000 euros.

O 70% deste presuposto procede da Xunta de Galicia, a través do programa de axudas de Mellora de Infraestruturas dos Parques Empresariais da Consellería de Industria.

SEN ESPAZO DIFERENCIADO PARA VIANDANTES

Villares destacou a importancia “desta obra que executamos nunha zona que ata o momento carecía de espazos diferenciados para os peóns nese tramo que abrangue medio quilómetro de lonxitude “polo que con esta actuación, que enlazará todo o polígono, melloramos substancialmente á seguridade, favorecendo a convivencia do tráfico rodado e dos viandantes”.

O investimento inclúe, ademais da execución desta beirarrúa na Avenida da Veiga, a instalación do tendido eléctrico, o aglomerado do aparcadoiro do IES Marqués de Sargadelos e a reposición do firme diante do centro de día-residencia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...