Burela acolle un curso de caboverdiano dirixido ao profesorado

Un total de 22 docentes formarase durante dúas semanas no crioulo de Cabo Verde

Antonina Semedo, nunha charla co alumnado do IES Perdouro. IES PERDOURO/KARINA

O Centro de Formación e Recursos (CFR) iniciou este luns no IES Perdouro de Burela un curso de lingua caboverdiana dixirido especificamente ao profesorado. O obradoiro conta con 22 docentes matriculados e prolongarase durante dúas semanas para completar un total de 24 horas lectivas. 

O curso, proxectado polo profesor chairego Gabriel André, que traballa na Universidade de Lisboaestará coordinado polo doutor António Firmino (São Vicente, Cabo Verde), que iniciou en Guinea no 1974 a carreira docente nas áreas de linguas francesa en inglesa. En 1974 retornou a Portugal, onde tiña feito os primeiros estudos universitarios, e completou a licenciatura de Línguas e Literaturas Modernas, na Universidade Nova de Lisboa. Posteriormente, foi profesor de Inglés Marítimo no Instituto Superior de Ciencias do Mar, en Cabo Verde.

Na axenda desta primeira xornada figura un completo programa de actividades de toma de contacto coa lingua e a cultura de Cabo Verde. Xa na parte final, ás 20.00 horas, realizarase un breve acto de inauguración ao que están convidados o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e Antonina Semedo, en representación da comunidade caboverdiana.

ABANDONO ESCOLAR

A comunidade caboverdiana é moi numerosa en Burela desde os anos 70, cando os primeiros caboverdianos chegaron para traballar nas obras da fábrica de alúmina-aluminio. Nos últimos anos, docentes mostraron a súa preocupación polas consecuencias da chegada de rapaces de Cabo Verde sen ir acompañados da súa rede familiar, dado que teñen máis dificultades para seguir o ritmo dos estudos e iso provoca máis casos de abandono escolar

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here