Investigada unha rede que introducía migrantes no Reino Unido a través do porto de Ribadeo

A actividade do grupo centrábase principalmente en Bilbao, pero tamén noutros de todo o Estado, entre eles Mirasol

Porto de Mirasol, en Ribadeo. WIKIPEDIA

EFE. A Garda Civil ten aberta unha operación contra unha rede de albaneses que presuntamente dedicábase a introducir ilegalmente a migrantes cara ao Reino Unido a través de portos españois, entre eles o de Ribadeo.

Segundo informaron fontes da investigación, a actividade do grupo centrábase principalmente no porto de Bilbao, aínda que tamén utilizaba os peiraos de Vigo, Ferrol, e Ribadeo, en Galicia; Xixón e Avilés, en Asturias; Santander, en Cantabria; Pasajes, tamén no País Vasco; e Castellón e Valencia, na Comunidade Valenciana.

NOVE DETIDOS

As mesmas fontes indicaron que a operación segue aberta, mentres que outras próximas ao caso indicaron que de momento se produciron nove detencións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here