IniciosociedadeO policía de San Cibrao ferido nas protestas de Barcelona, recibido polo...

O policía de San Cibrao ferido nas protestas de Barcelona, recibido polo Goberno

A subdelegada do Executivo recibiu ao sancibrense Ángel Hernández, axente que sofriu lesións nun brazo e tivo que ser intervido cirúrxicamente

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, recibiu este mércores ao policía de San Cibrao Ángel Hernández, que resultou ferido durante os incidentes violentos rexistrados o mes pasado en Barcelona.

A subdelegada do Executivo estatal recibiu esta mañá no seu despacho ao axente natural do municipio de Cervo, e destinado actualmente na Coruña. No encontro, Rodríguez agradeceulle a súa profesionalidade e desexoulle unha pronta recuperación das lesións que sofriu nun brazo, feridas polas que tivo que ser intervido cirúrxicamente.

Ademais, a subdelegada mantivo unha entrevista esta mañá con dirixentes do sindicato Unión Federal de Policía (UFP), central á que pertence o axente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...