IniciosociedadeAs Anpas ven "falta de interese" da Xunta en rematar as obras...

As Anpas ven “falta de interese” da Xunta en rematar as obras no Ceip de Cervo

En Marea preguntará no Parlamento galego polas actuacións, despois de que as familias se queixasen de filtracións de auga e da inoperatividade da nova caldeira en pleno novembro

Publicada o

- Advertisement -

En Marea anunciou este xoves que formulará unha pregunta no Parlamento de Galicia para interpelar á Xunta polas obras no Ceip de CervoAs familias denunciaron o pasado mércores problemas de goteiras e filtracións de auga, ademais da inoperatividade da caldeira nova de pellets, polo que alumnado e profesorado padecen frío e humidade nas aulasA Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de Lugo (Fapacel) apoiou tamén a reivindicación, acusando ao Goberno galego de “incumprir” os prazos e de “falta de interese” no remate das actuacións.

En Marea lembra que no pasado mes de setembro a Consellería de Educación “asegurou que as obras do colexio de Cervo estaban rematadas e as instalacións listas para o seu uso educativo”. Daquela, as familias decidiron por unanimidade non levar aos pequenos ao colexio durante unha semana pola falta de condicións axeitadas de “seguridade e hixiene” da escola.

Con todo, “a día de hoxe o centro, os seus alumnos e o profesorado padecen unha situación inaceptable para o normal desenvolvemento da actividade educativa”, criticou.

TRABALLOS EN HORAS LECTIVAS

A comunidade educativa, expón a formación, “padece unha situación que afecta seriamente á vida educativa, con frío nas aulas, goteiras, filtracións de auga a través de fiestras instaladas, pero non rematadas, e obras que entorpecen as clases”.

Os pais tamén sinalan, indica En Marea, “que hai goteiras noutros locais como vestiarios e aseos, e filtracións de auga en paredes pintadas hai aproximadamente dous meses. Ademais dos problemas derivados das obras, o centro padece outras deficiencias: a cociña segue sen extractor, a pesar da promesa de Educación de telo amañado hai máis dun mes”.

Outra das eivas da actividade escolar é “o ruído de taladros e maquinaria dentro do colexio nas horas lectivas resulta moi molesto e acaba por ser un gran problema para os alumnos. A pesar desta situación, as obras avanzan moi lentamente e durante as últimas semanas apenas se viu personal traballando na reforma do colexio”, lamenta En Marea.

A CUBERTA, SEN REMATAR

Dende a Fapacel amosan a súa “preocupación” polo “incumprimento reiterado dos prazos de execución” nas obras do Ceip de Cervo e o “desleixo” co que a Consellería de Educación “vén tratando esta grave situación”.

Voltamos condenar tanto a falta de previsión na planificación das obras como a falta de interese no seu remate”, indican, para afearlle á Xunta “a súa falta de seriedade”.

“Hai problemas de humidade, a caldeira de calefacción prevista non está instalada, a cuberta do edificio está sen rematar”, remarca a Fapacel, que considera as queixas das familias “máis que xustificadas”. Deste xeito, a federación de Anpas provincial esixe á Consellería de Educación “que axilice dunha vez o remate das obras”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...