IniciosociedadeA Garda Civil recomenda precaución aos espectadores do I Rally A Mariña

A Garda Civil recomenda precaución aos espectadores do I Rally A Mariña

A cita desenvolverase durante o próximo fin de semana en estradas do Vicedo, Xove e Cervo

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil desenvolverá durante o próximo fin de semana un operativo especial co fin de garantir a seguridade viaria nas proximidades do evento deportivo, debido ao que recomenda precaución aos espectadores.

Segundo explicou o Instituto Armado nun comunicado, o I Rally Mariña Lucense celebrarase o 16 de novembro e os seus tramos discorrerán por estradas do Vicedo, Xove e Cervo.

Por iso, avanzou este corpo de seguridade, “intensificaranse os servizos encamiñados á detección do consumo de alcol/drogas, excesos de velocidade e a utilización dos sistemas de seguridade (cinto de seguridade / SRI)”.

Co obxectivo de poder gozar do evento con garantías de seguridade, a Benemérita resalta que “é de suma importancia que os afeccionados se sitúen en lugares afastados da posible traxectoria dos vehículos ante unha eventual saída da vía destes, e preferentemente en sitios elevados”.

Ademais, subliña que “deben colaborar coa organización, respectando e obedecendo as instrucións impartidas” e non modificar as sinalizacións, así como “afastarse das zonas sinalizadas como zona prohibida ao público”.

Así mesmo, incide en que nos desprazamentos que se efectúen entre os distintos tramos “debe extremarse a prudencia, adaptándose ás condicións existentes (aumento considerable da circulación e condicións meteorolóxicas adversas)”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...