“Indignación” nas Anpas da Mariña polos 2,08 euros ao día que dedica á Xunta aos menús escolares

As familias pregúntanse se é posible que os nenos teñan "unha dieta equilibrada e de calidade" con ese orzamento

Comedor escolar. AXM

Arredor dunha ducia de Asociacións de Nais de Pais (Anpas) da Mariña Lucense reuníronse o pasado venres para abordar distintos temas, entre eles a preocupación existente con respecto ás obras que se aínda se están a desenvolver, desde o verán, en varios centros da comarca, criticando “a pasividade” da Xunta de Galicia ante esta situación.

Un dos temas a abordar, segundo expuxo a Federación de Anpas de Lugo (Fapacel) nun comunicado, foi a “indignación” ante o “escaso” orzamento de 2,08 euros que a Xunta destina aos menús nos colexios, unha cifra que as familias consideran “unha vergoña“, preguntándose se “é posible conseguir calidade a ese prezo e unha dieta saudable e recomendada”.

Así, lembran que malia que algunhas familias –segundo os datos da Xunta, o 23,3% na provincia de Lugo– pagan un importe de 1,5 a 4,5 euros segundo a renta, os cartos que achegan non repercuten directamente no menú do alumnado.

PIDEN DESFIBRILADORES

Outro dos temas tratados é a solicitude ao Goberno autonómico da dotación de desfibriladores en todos os centros e a formación para o seu uso. Fapacel expuxo que continuará coa campaña para promocionar a necesidade de formación de cursos de primeiros auxilios e reanimación cardiopulmonar (RCP) a través de Anpas e colexios.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here